A lectura dialóxica (ler e falar) ten un impacto extraordinario no desenvolvemento do cerebro, especialmente nas primeiras etapas da vida. Estimula o cerebro de xeitos realmente sorprendentes. Entre os seus efectos demostrados inclúense:
máis conexións sinápticas no cerebro,
maior empatía,
mellores habilidades sociais,
equilibrio emocional e físico,
mellores capacidades de traballo en equipo,
competencias avanzadas de pensamento e aprendizaxe,
mellor rendemento académico,
habilidades de análise e síntese
pensamento crítico,
razoamento dedutivo,
maior innovación,
autoconfianza,
mentalidade emprendedora,
maior participación cívica.
Podes saber máis sobre como a lectura apoia o desenvolvemento do cerebro en O superpoder dos libros, un manual para promover a lectura.
Competencias lingüísticas
Desde o primeiro día de vida, ler e falar coa túa crianza fai medrar o seu vocabulario máis rápido do que imaxinas.
Éxito educativo
Mesmo unha rutina diaria modesta — con só 20 minutos ao día pode cambiar todo— é un pequeno hábito cun impacto para toda a vida na aprendizaxe e no éxito dunha crianza.
STEAM
Ler libros aumenta os nosos coñecementos, a conciencia cultural e a creatividade — iso é evidente. Pero pouca xente se decata de que todas esas ideas, relatos de causa e efecto e descricións complexas tamén adestran o noso cerebro para mellorar en matemáticas e ciencias!
Benestar
A lectura é sorprendentemente eficaz para calmarnos. Reduce os niveis de estrés de maneira máis eficiente ca moitas outras actividades e axuda a mellorar a nosa sensación xeral de benestar.
Pracer e risas
Os coñecidos estudos PISA da OCDE demostraron que ler por pracer importa máis para o éxito educativo dunha crianza ca o seu contexto socioeconómico. Pola outra banda, as propias crianzas confirman que nos libros buscan sobre todo alegría e risas. Démosllas — porque así desenvolven as súas habilidades!
Bo hábito
Entón… como se crea desde cedo un bo hábito de ler e falar xuntos, que se converta nun pracer e acabe en risas compartidas? En realidade é bastante sinxelo:
Le todos os días.
Comeza o antes posible.
Ao principio, abonda con só uns minutos ao día.
Deixa que a túa crianza pase as páxinas.
Le as mesmas historias unha e outra vez.
Le con entusiasmo.
Fai preguntas á túa crianza.
Regala libros.
Le en calquera lugar, en calquera momento.
Non tes que ser unha persoa moi profesional.
Simplemente LE.De verdade.
Descarga o ficheiro (e moitos máis), úsao e compárteo!